mércores, 14 de xuño de 2017

SORTEO "LETRAS CON MÚSICA"

Era parte desta actividade un sorteo de diversos agasallos entre os e as participantes, tanto nos comentarios coma na votación final. O alumnado afortunado cos agasallos foi:

Erika Andrade Campaña Daniela Antelo Pérez Carmen L. Cabanas Soto Pablo Martínez Pose Alba Villar Lemus

Parabéns!

sábado, 10 de xuño de 2017

REPORTAXES E CONVERSAS

Os de primeiro da ESO andiveron a traballar "com'area", así que non poiden conter as ganas de amosar aquí as súas reportaxes. Botádelle unha ollada, hanvos gustar...


sábado, 27 de maio de 2017

VOTACIÓN "LETRAS CON MÚSICA"

Feita a votación por parte do alumnado, aquí o resultado das cancións máis votadas: 








Mencionar que a diferenza entre os catro primeiros foi só dun voto e que todos os vídeos elexidos levaron algún.
Agora só queda entregarlle á ganadora o seu premio e sortear entre os participantes os agasallos. Iremos informando...

PARABÉNS A TODOS E TODAS, MOI ESPECIALMENTE A MJ!!!









mércores, 17 de maio de 2017

CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS!

Preciosas fotos homenaxeando a Casares e reivindicando a lingua cun photocall!
A que saimos to@s fermosísim@s?







Dinamizacion Lingua de Slidely by Slidely Slideshow

luns, 15 de maio de 2017

Letras con Música (día 10)

Rematamos coa actividade de Letras con Música e queremos facelo cunha homenaxe a Carlos Casares, autor ao que se lle adica o Día das Letras Galegas 2017.
A pesares de que a súa obra é eminentemente narrativa tampouco esqueceu o eido da poesía. Vai ser Gelria quen lle poña música ao poema "Amemos":


Amemos
o tempo que turra de nós e que nos leva.
Inda que o ceo está azul e non hai nubes e non chove,
sempre é cedo
pra o froito que agardamos e non chega.
Amemos á rosa porque é breve
e ao tempo porque fuxe e non se para,
inda que á veira das horas, nas esquiñas,
morran as verdades contra o vento
i a noite seña un recendo podrecido
das frores que chantamos pra salvarnos.
Amemos
as bocas que mancan ao bicalas,
aos pianos que medran e non tocan
e ás tardes fermosas que se acaban.
Amemos
inda que a espranza turre cara abaixo
a vencellarnos sempre contra nuncas
de campos sen aire e corazóns parados.

Mañá, 17 de maio, faremos o reconto dos comentarios para pasar á segunda fase da actividade: A votación que terá lugar no recreo do venres 19. Moitas grazas aos participantes!
Sabemos que quedou fóra moita música, moitos/as autores e grupos, mais agardamos que isto sirva para incentivar a vosa curiosidade e continuedes coñecendo e gozando da música en galego. Temos a esgalla! 
Tamén lembrarvos que hoxe no recreo podedes acercarvos ao photocall que temos preparado e facer un retrato, grupal ou individual, como queirades. Vai ser o noso xeito de celebras as Letras, aínda que como sabedes algo máis estamos argallando para o día 30. Grazas!

domingo, 14 de maio de 2017

Letras con Música (día 9)

E xa case rematando, hoxe propomos un blues, da man de Blues do País. Recoñecédelo?A súa canción leva por título Arraianos, do último disco "Ruta 120".
 Sirva tamén como homenaxe ao país veciño e irmán, que vén de gañar Eurovisión cunha fermosa canción de Salvador Sobral, na "nosa" lingua común! Parabéns!
Agardamos que vos guste.

Letra:

Hai un lugar nesta terra que non é deste mundo. É bidemensional Haino seco e haino húmido. Din que divide ters países. Eu nunca lle vin facelo. Se aínda non sabes de que falo é que te raias demasiado. Mmmm mmm As fronteiras nunca marcaron o espírito arraiano Mmmm mmm Vinho verde e licor café e unha aperta no Xurés Que sería de nós sen o camiño que ven da montaña. Alí agardabannos irmáns ao vir a morte dende a España. E a vida veu de contrabando das mans dos pobres arraianos. A cultura de contrabando, as taberneiras de bando a bando. Mmmm mmm O mesmo che canto unha jota como un fado Gústame o polbo e tamén o bacalado Eu son da Raia Seca así que algo che teño de poeta Nós bañámonos nas termas Bronceámonos na serra Por picadeiros temos castros e as festas veñen de catro en catro Mmmm mmm As fronteiras nunca marcaron o espírito arraiano Mmmm mmm Vinho verde e licor café e unha aperta no Xurés As carqueixas do planalto tíranlle das bágoas a máis de catro que agarraron un día a maleta para ir facer as Américas. Seica a estatua da liberdade quedóuselles ben pequena comparada coa dignidade das súas fermosas cachenas. Mmmm mmm As fronteiras nunca marcaron o espírito arraiano Mmmm mmm Vinho verde e licor café e unha aperta no Xurés No Couto Misto non había Corte Inglés Dicho unha diva : estábase mellor sen el. Dixo a Moura que baixo a terra había un tesouro Baixo estas mámoas hai un peito de ouro. Mmmm mmm As fronteiras nunca marcaron o espírito arraiano Mmmm mmm Vinho verde e licor café e unha aperta no Xurés